Descripción del centro

A Escola de Música A Tempo créase no ano 1998 co obxetivo de: Promover os estudos de jazz e música moderna en particular e tamén os estudos de música en xeral, a través de unha estructura organizada e sustentada en programas de estudios avalados pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. A Escola de Música A Tempo está inscrita no rexistro de escolas de música da Consellería de Educación co número: 36024033. A combinación de ensino teórico e práctico, coa práctica en diferentes grupos: combos, música de cámara, orquestra, coro, etc… en colaboración con profesores e profesionais de grande prestixio. Proporcionar axuda a todolos que pretendan estudiar música dende os niveis iniciais ata os estudios profesionais. Os nosos programas de estudios adaptanse as necesidades do alumno, dende a preparación de probas de aceso a escolas superiores de música moderna de España e Portugal, a conservatorios e tamén formación musical a afecioados de todalas idades. Organización de seminarios, aulas maxistrais e sesións musicais a cargo dos profesores, alumnos e grupos da escola. *EDUCACIÓN INFANTIL Dende os tres anos, os nenos poderán aceder á cultura musical, tomando contacto cos diferentes instrumentos, con músicos e profesores para estimula-la sensibilidade musical. *ADULTOS Se estás pensando en recupera-la túa afeción musical ou tomas a decisión de toca-lo teu instrumento favorito, agora que tes máis tempo para ti; a idade non ten porque ser un impedimento. Consúltanos. *FONDOS DA ESCOLA Aqueles que non teñen claro que instrumento lles gustaría tocar, poden dispór dos instrumentos da Escola para as súas prácticas e deste xeito poderán reflexionar a súa decisión. Dispomos de: Saxofóns, trompetas, batería, marimba, teclados, piano, guitarras, baixos, acordeón, violíns, frauta … *PROBAS DE ACESO E EXAMES Os estudantes de conservatorio dispoñen en A TEMPO de profesores preparados para axudar naqueles reforzos que o alumno precise para mellorar-la súa formación e acadalo coñecemento e destreza precisa. Os alumnos de percusión, poden prácticar nunha marimba de 4 octavas e 1/3. Podemos axurdarvos a prepara-las vosas probas de aceso a conservatorio ou probas de nivel, etc. Se á formación clásica , queredes engadi-la música moderna: jazz, rock, blues, folk; tamén podedes contar co noso asesoramento. *GRUPOS E ORQUESTRAS Para os xoves grupos de rock, jazz, folk, etc. Pomos á vosa disposición un músico profesional que vos asesorará musicalmente. Para os músicos de orquestra, que dedicade-lo inverno a mellora-la vosa técnica e coñecemento musical, podedes contar con nós. *VERÁN Se durante o curso estás moi ocupado, conta con A TEMPO para prácticar música no verán *ASESORAMENTO Calquera idea musical que teñas, consultaa connosco, trataremos de axudarte en todo canto precises. Podes elexir de entre un bo grupo de profesionais para o estilo que practiques: Clásico, rock, jazz, blues, folk… Podes visita-las nosas instalacións, coñecer onde e como traballamos e consultar persoalmente os aspectos que máis interese teñan para ti.

Campus y sedes

A Tempo Escola de Música
Praza A Castaña nº 2-baixo 36002 Pontevedra

Opiniones

Otros centros que pueden interesarte

X